Foros 2025 Premio Freire Carril a D. Javier Pereira Loureiro profesor titular da Universidade da Coruña

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación Cultural AGROMADAS de Seixalbo como ven facendo dende o ano 2006, organiza dentro da Festa do foros a representación teatral e dende o 2009 Premio Freire Carril, o que dende este ano súmalle a distinción de Relevancia Veciñal.
Neste ano 2025, o Xurado acordou darlle o Freire Carril a D. Javier Pereira Loureiro profesor titular da Universidade da Coruña. O amplo currículum deste profesor que percorre o mundo levando o nome da Universidade da Coruña e de Galicia, foi considerado polo xurado merecente desta distinción que xa ten un amplo nome de persoas premiadas.
Xunto a este premio entregarase, por primeira vez, a distinción de Relevancia Veciñal, que pretende fomentar a participación na vida cultural e social da comunidade. E que comenza a súa andaina, recaendo en Dª Marisol Delgado Rodriguez pola súa calidade humana, xenerosidade, humildade, discreción e empatía e pola súa actividade cultural a prol da comunidade social.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Tanto o premio como a distinción teñen, ademais do xa mencionado, distinguir ás persoas e entidades que fan unha labor social, cultural en defensa da sociedade. E por outra parte dar a coñecer a Vila de Seixalbo máis alá do espazo local e provincial. Ámbolos premios serán entregados o 29 de Xuño ás 20 h no local Veciñal.