Menor prantéxalle ao terceiro sector o deseño conxunto dun plan provincial da economía dos coidados para 2026

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial mantivo una reunión con representantes de medio cento de asociacións sen ánimo de lucro, onde lles avanzou que no segundo semestre deste ano articularanse reunións técnicas para avanzar na planificación deste plan

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O máximo representante da Deputación agradeceulles, en nome da provincia, “pola vosa incansable preocupación polo bienestar de quenes máis o precisan, e pola intensiva dedicación, entrega e solidariedade cara os demáis”

A deputada de Política Social, Patricia Torres, puxo en valor “a boa comunicación entre as entidades e a administración provincial”, resaltando “o excelente equipo” co que conta a Área de Benestar

O director da Área de Benestar, José Juan Cerdeira, tamén lles avanzou a incorporación experimental de María, a primeira asistente por Intelixencia Artificial para respostar dúbidas sobre as novas convocatoria de axudas para entidades sociais que onte foron aprobadas en Xunta de Goberno

Ourense, 9 de xuño de 2025.

O presidente da Deputación, Luis Menor, acompañado pola deputada de Política Social, Patricia Torres; e polo director da Área de Benestar, José Juan Cerdeira, mantivo un encontro de traballo con representantes de medio cento de entidades sociais. As súas primeiras verbas foron de agradecemento, “por chegar a onde as administracións públicas non alcanzamos”, así como pola “incansable preocupación polo benestar de quenes máis o precisan, e pola vosa intensiva dedicación, entrega e solidaridade cara os demáis”. Patricia Torres tamén lles agradeceu a asistencia a este acto, “bo síntoma de que existe boa comunicación entre vós e coa administración provincial”, recalcando tamén “o excelente equipo co que conta a Área de Benestar”.

Luis Menor quixo prantexarlle ao terceiro sector o deseño conxunto dun plan provincial da “Economía dos coidados” para 2026, e avanzou que no segundo semestre deste ano iniciarase un proceso de reunións técnicas de traballo con todas as entidades que así o desexen para comezar co deseño deste plan provincial, incorporando as súas aportacións e ideas para mellor a súa coordinación cos servizos municipais de toda a provincia. Este plan, avanzou Menor, “visibilizará, recoñeza, coordine, cofinancie e valore o traballo que supón coidar dos demáis”, recalcando que a economía dos coidados aglutina “o conxunto de actividades, recursos e estratexias orientadas a garantir o benestar que, en distintos momentos da súa vida, precisan apoio para desenvolver actividades esenciais do seu día a día”.

O segundo dos motivos polo que se fixou a reunión de traballo foi para informar sobre a aprobación en Xunta de goberno das bases reguladoras e convocatoria das axudas a entidades sociais para este ano. Tal e como avanzou Menor, este ano os fondos increméntanse nun 15%, alcanzando os 350.000 euros para dúas liñas de axudas: para proxectos sociais e para actividades culturais e recreativas.

María, axente IA

Precisamente, unha das novidades avanzadas por parte do director da Área de Benestar, José Juan Cerdeira, na reunión desta mañá foi a incorporación experimental de María, a primeira asistente por Intelixencia Artificial que terá como función respostar, durante as 24 horas do día, a calquera dúbida sobre estas convocatorias de axudas. En función das opinións das asociacións e dos resultados desta axente IA, a Área de Benestar podería incorporar máis axentes IA a outros programas.

Novo modelo de relación administrativa

Tamén en relación coas convocatorias de axudas, Luis Menor anunciou que desde a súa publicación inminente no Boletín Oficial da Provincia, neste mesmo mes de xuño, cambiarase o modelo de relación administrativa co terceiro sector, que será dixital e orientado aos datos.

A área de Benestar pasará de ser un departamento da administración no que a única posibilidade de acceso durante as 24 horas do día é a través do rexistro electrónico; un rexistro que só serve para recibir e rexistrar a data e hora de entrada de documentos, a ser unha área que ofertará ao terceiro sector expedientes abertos e compartidos as 24 horas para que nas entidades poidan traballar directamente neles a calquera hora a través de datos e non de documentos.

“Ás 8:30 do día seguinte a pecharse o prazo de presentación das solicitudes 2025, estas comezarán xa a ser directamente avaliadas polos empregados públicos do Area de Benestar”, exemplificou Luis Menor para explicar esta medida.

Desde ese momento xa non se traballará con documentos, traballarase con datos, isto permitirá entre moitas outras vantaxes, a redución drástica dos tempos necesarios de resolución, camiñando cara a unha administración máis eficiente, máis eficaz, e sobre todo, máis útil para as entidades sociais e para as persoas ás que atenden.