O BNG denuncia a deixadez do goberno municipal do Carballiño na limpeza de maleza

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) do Carballiño vén de denunciar públicamente o descaro do goberno municipal formado polo PP e PSOE en relación á limpeza de maleza nos ámbitos de competencia municipal. Os nacionalistas entenden que “está totalmente fóra de comprensión que o propio Concello anime aos veciños a acudir a denunciarse mutuamente pola limpeza de parcelas privadas, mentres deixa os espazos públicos en estado de abandono”. Esta situación, aseguran, “obriga a circular por estradas literalmente ocupadas pola maleza; pon en perigo a seguridade viaria e amosa un incumprimento moi grave das súas funcións como administración local”.

COMERCIAL ORCELLÓN

Dende o BNG engaden que “hai que ter en conta que é prerrogativa do goberno municipal velar pola aplicación da ordenanza reguladora da xestión da biomasa no solo urbano, algo que non están a facer”. E salientan como “exemplos evidentes deste desprezo” o lamentable estado
do camiño que leva dende Pol de Piteira ata a vila da Lama, ademais dos colectores no centro da aldea de Pol. “Non son casos separados: en todo o municipio pódense situar condicións comparables o que reflicte unha deficiencia de dedicación e previsión do goberno local”, conclúen.

Por todo elo, esixen ao goberno municipal “que asuma as súas responsabilidades, actúe coa dilixencia e poña fin a esta situación de abandono que afecta non só á veciñanza senón a todo o municipio”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------