O alcalde de Leiro recalca a necesidade da construción dun pozo no Salgueiral

O Concello de Leiro e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo asinaron un convenio de colaboración para acometer o proxecto denominado Construción dun pozo e cisterna para rega, que ten como obxecto a construción dun pozo de barrena e unha cisterna para incrementar o volume de auga captado e contribuír a resolver parte dos problemas producidos pola seca estival.

O PSOE pediu explicacións de porque se inclúe o rego do campo de fútbol que esixe un maior consumo de auga e tamén de por que hai máis de 300 veciños que non teñen auga da traída oficial do concello.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde, Francisco José Fernández, explicou a necesidade de estas actuacións.