A tecnolóxica valenciana AGORA, especializada en solucións de gestión empresarial con capacidades avanzadas de intelixencia artificial, e a consultora tecnolóxica Softmatic, con sede en Ourense, selaron unha alianza estratéxica pola que Softmatic convértese en Delegación AGORA en Galicia. Este paso representa moito máis que un movemento empresarial: é unha aposta decidida por situar Ourense como un nodo tractor de innovación no noroeste peninsular. O acordo formalizouse ante notario o pasado 7 de maio, e a súa presentación oficial terá lugar este venres 20 de xuño, ás 10,00 horas en Expourense, nun acto que reunirá a representantes institucionales, empresarios e representantes do ecosistema tecnolóxico.
“Este acordo reforza a nosa presenza nacional, pero sobre todo reafirma o noso modelo de proximidade, compromiso co territorio e capacidade de ofrecer solucións avanzadas alá onde están os nosos clientes”, afirma David Miralpeix, Director Xeral de AGORA. Softmatic, que opera desde 2017 como Socio Certificado AGORA, naceu como spin-off da histórica Vigoso, e acompañou durante décadas a empresas galegas na súa dixitalización. Cunha clara vocación de servizo, centrou a súa proposta en solucións escalables e personalizables, adaptadas tanto a pequenas empresas como a grandes estruturas. “Unirnos a AGORA non só reforza a nosa proposta tecnolóxica, senón que reafirma o noso compromiso coa rexión e posiciónanos como nodo tractor de innovación en Galicia, especialmente nun momento no que a intelixencia artificial marcará o futuro da xestión empresarial”, destacou Santiago Yzquierdo, CEO de Softmatic.
Durante a xornada do venres 20 de xuño en Expourense, mostraranse en directo varios casos de uso da intelixencia artificial integrada nas solucións AGORA: asistentes intelixentes capaces de buscar clientes na internet, consultar vendas por voz, executar procesos ou automatizar gestiones. Ademais, abordaranse temas de máxima actualidade para as empresas galegas como o Control Horario Dixital, as Leis Antifraude, a normativa Crea e Crece e VeriFactu, claves para cumprir coa lexislación vixente desde un enfoque práctico e tecnolóxico.
O evento concluirá cun cóctel con degustación de polbo, no que os asistentes poderán intercambiar ideas nun ambiente distendido e con sabor galego. Unha alianza con vocación de expansión A nova Delegación AGORA en Galicia ten a súa base operativa en Ourense, pero con vocación de expansión cara a toda Galicia e comunidades limítrofes como Cas�lla e León ou Asturias. O acordo contempla ademais a incorporación progresiva de novo talento tecnolóxico na sede ourensá, acompañado de formación específica en ferramentas de intelixencia arteficial, gestión empresarial e desenvolvemento IA Low-code.