En días pasados, foi presentado no Concello do Carballiño un estudo que detalla situacións altamente preocupantes sobre comportamentos dunha parte da xuventude da vila. O alcohol e as apostas son os principais problemas da xente nova. Para Espazo Común faise urxente tomar determinacións dende a institución municipal para paliar esta dinámica que pon en risco a saúde e a economía de moitas familias.
Ante esta situación, Espazo Común presenta unha moción na que piden que o concello elabore un plan municipal de prevención de condutas adictivas, no que se establezan dende charlas a escolares ata un plan para o reforzo das instalacións deportivas e dispositivos de vixilancia e información, entre outras moitas medidas.