O Partido Popular do Carballiño, ao través dun comunicado de prensa, subliña que “queremos expresar o noso rexeitamento rotundo a calquera falta de respecto producida no pleno de onte. As sesións plenarias deben ser un espazo para o debate democrático e a confrontación de ideas, pero sempre dentro dos límites do respecto e da convivencia institucional”.
Engaden que “comportamentos baseados en descalificacións persoais, interrupcións constantes ou actitudes ofensivas non teñen cabida nesta corporación. A cidadanía que nos elixiu merece un exemplo de responsabilidade, educación e compromiso co ben común. Apelamos ao sentido institucional de todos os membros desta corporación para que se retome un clima de diálogo construtivo e de respecto mutuo. Non se pode defender ningunha posición política a través da falta de respecto”.
“O noso compromiso é claro: seguiremos traballando por un pleno onde as ideas se debatan con firmeza, si, pero tamén con educación, respecto e altura democrática”, conclúen dende o Partido Popular.