Un grupo de Aspadisi desfrutou dunha tarde de relax no balneario de As Caldas de Partovia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As instalacións do balneario de As Caldas de Partovia recibiron hoxe a visita dun nutrido grupo da Asociación de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspadisi) do Carballiño, que tiveron a oportunidade de desfrutar dun tempo de lecer e confraternidade nunha claurosa tarde que convidaba a refrescarse. Na estancia estiveron acompañados pola presidenta, Josefa Rodríguez, e monitoras das actividades do colectivo.

COMERCIAL ORCELLÓN

E iso mesmo foi o que fixeron as mozas e mozos do colectivo carballiñés: bañarse nas piscinas interiores que forman parte das instalacions deste centro termal, nunhas augas mineromediciñais que presentaban unha temperatura moito máis agradable que os 37ºC do exterior do recinto.

Tal e como nos comentaron os integrantes de Aspadisi, acudiron a esta cita para “pasar unha tarde de descanso para relaxarnos”, que lles vén moi ben para poder desconectar, aínda que sexa por unhas poucas horas, das tarefas que desempeñan diariamente no Centro Ocupacional que iste colectivo posúe na vila do Arenteiro.

Unha visita que xorde pola iniciativa da familia Garriga, propietaria do balneario, e da propia xerencia do mesmo, de convidar cada ano a Aspadisi a desfrutar desta sesión termal nas instalacións ubicadas na localidade de As Caldas de Partovia.

Ao respecto, a xerente, Eva Álvarez, subliña que “o noso balneario trata de achegar o termalismo e os seus beneficios terapéuticos a tódalas persoas e colectivos con algún tipo de discapacidade”. E, por elo, están abertos a calquera tipo de solicitude de asociacións deste tipo que desexen utilizar as instalacións termais.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------