Espazo Común critica a privatización da limpeza de edificios municipais por 170.000 euros anuais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Espazo Común vén de emitir unha nota de prensa na que critica ao equipo de goberno (PSdeG-PSOE e PP) do Concello do Carballiño pola recente adxudicación a unha empresa do servizo de limpeza dunha parte dos edificios municipais “por nada menos que 170.000 euros ao ano e con posibilidade dunha prórroga por outro tanto”. E, engaden, “co agravante de que algúns dos incluídos nin tan xiquera se limpan todo o ano”, unha prestación que, “durante anos, se fixo con persoal municipal cun custe infinidamente inferior”.

Dende Espazo Común lembran que “xa na etapa de Argimiro Marnotes se privatizara a limpeza dos colexios, o que foi remunicipalizado posteriormente sendo Adolfo Nogueira concelleiro de Persoal, sendo o único caso de remunicipalización dun servizo previamente privatizado no Carballiño”.

“Agora, Fumega, de novo da mán do PP e do responsable de contratación administrativa Pepe Castro veñen de asestar outro golpe á xestión da economía municipal sen explicacións”, apuntan dende este grupo da oposición. Salientan que “a entrada dos populares no goberno só serviu para que se subiran os soldos e fortaleceran a política previa de fundir cartos dos veciños cunha xestión nefasta”. “A estratexia segue sendo a mesma: todo pola calada”, conclúen.