Coral Polifónica do Casino

A Coral Polifónica Casino do Carballiño celebrará a festividade da patrona da música, Santa Cecilia, o próximo domingo, 24 de novembro.

Publicidade

E o fará con dous concertos e un xantar de confraternidade. Así, ás 11,45 h., dará un concerto na igrexa de Partovia, previamente á misa, e ao remate terán o xantar nun restaurante da vila. Pola tarde, ás 18,00 h., como remate da conmemoración polo 40 aniversario da entidade, dará outro concerto en Boborás.