Arrinca a organización do ‘VI Congreso Internacional de Turismo e Deporte’, que terá lugar en Expourense no mes de decembro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Expourense acolleu esta mañá a primeira reunión do comité organizador do VI Congreso Internacional de Turismo e Deporte que terá lugar no recinto feiral os días 11 e 12 de decembro de 2025. Celebrarase de xeito paralelo e complementario a Sportur Galicia, Salón do Turismo e Deporte Activo que se converte agora nunha cita de carácter profesional. O pasado mes de maio, este salón celebrarba os seus “Xogos Deportivos” dirixidos a promover o “deporte para todos” e agora en decembro o evento centrarase no apartado máis profesional.

Unha vintena de expertos que representaban a distintas administracións, federacións deportivas, asociación e centros de formación, perfilaron nesta reunión os bloques temáticos do congreso sobre os que se traballará nos vindeiros meses. Participaron nesta reunión mixta entre presencial e virtual, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo; a directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o deputado provincial de Ourense, Rosendo Fernández; a subdirectora xeral de Deporte da Xunta de Galicia, Belia Méndez, e o técnico en xestidón deportiva da Deputación de Ourense, Gabriel Fernández.

Este comité contou ademais coa participación de representantes da Universidade da Coruña, de distintos departamentos da Universidade de Vigo, do centro Galego de Innovación da Formación profesional e do CIFP A Farixa. Participou ademais a directiva do Cluster Galego do Deporte, da Fundación ENKI, de AGETAN e da Asociación de Deportes Náuticos de Galicia.

Baixo o lema “Conectar, compartir e medrar”, este VI Congreso Internacional ten o obxectivo de convertirse nun evento de referencia en Galicia para concienciar do alto retorno económico e social dos eventos deportivos que ademais atendan a  estratexias de atención á diversidade e sustentabilidade. Este congreso seguirá inistindo ademais na neceidade da formación cualificada dos profesionais que se adiquen ao turismo activo.

Sportur Galicia e o Congreso Internacional de Turismo e Deporte están sendo organizados por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.

PUBLICIDADE