O Psedg insta a Jacome e o PP que deixen de desmantelar servicios públicos

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

 O PSdeG-PSOE de Ourense insta ao bigoberno municipal de Democracia Ourensana e Partido Popular a que deixe de desmantelar servizos públicos á cidadanía e a que desista, expresamente, da intención de pechar a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC). Os socialistas tamén lle esixen ao goberno municipal que potencie o funcionamento deste servizo, dotándoo de instalacións “centrais e accesibles para a cidadanía” e de persoal “máis numeroso e cualificado” para cumprir, con “maior eficacia, eficiencia e capacidade de atención”, as necesidades da poboación ourensá en materia de consumo. Neste senso, defenderán unha moción no pleno ordinario deste venres no Concello de Ourense.

A oficina da OMIC en Ourense leva 33 anos funcionando, un tempo no que recibiu case 154.000 consultas de consumidores, realizou 1.500 cursos de diversa tipoloxía e formación en materia de consumo en todas as etapas escolares, organizou 900 actividades relacionada ca formación da veciñanza, ademais de diferentes xornadas e publicacións. Con 3 persoas ao fronte a oficina ten asesorado e cumprido moitas funcións e tal e como alerta o PSOE ourensán “a cidadanía, agora mesmo, vai quedar sen elas polo capricho do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome”.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os socialistas acusan ao rexedor de Ourense de buscar desculpas “espurias” para pechar esta oficina, como cando afirma que a Xunta de Galicia “xa se encarga do consumo, ignorando que a propia normativa galega e española di que son as propias administracións locais, as que deben velar pola formación e educación dos consumidores”. Dende o Grupo Municipal Socialista denuncian que “ao longo destes anos a oficina da OMIC foi desleixada, con cambios sucesivos da súa localización e xa o último cambio, o máis pernicioso, é que pasa a formar parte de promoción económica, que está en mans do alcalde e xa sabemos o que pasa cando algo cae en mans de Jácome, que acaba pechando”.

O voceiro do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, denuncia que con este peche, “a cidadanía queda sen cobertura, nun momento especialmente grave para as persoas máis vulnerables, que necesitaban deste servizo municipal e gratuíto”. O líder dos socialistas ourensáns remarca que a súa petición e que “se lle dea unha localización física central a esta oficina, como tiña nun principio e que se potencie con profesionais máis preparados, xa que as ferramentas de marketing son máis agresivas e especializadas e consumidor, en consecuencia, está máis indefenso”.

Rodríguez Villarino lémbralle a Democracia Ourensana e Partido Popular que “a obriga deste concello e defender, educar e formar á cidadanía con ferramentas coas que sexan quen de facer fronte a todos os abusos e fraudes que existen”. O voceiro do PSdeG-PSOE na cidade tamén relata que os socialistas “imos a defender aos cidadáns ante os abusos e fraudes e tamén os dereitos dos consumidores, como non podía ser doutra forma”.

Dende o Grupo Municipal Socialista critican que fronte a esta historia, o bigoberno de Ourense “pretende pechar a OMIC despois de 33 anos de servizos á cidadanía” e teñen claro que esta decisión “é arbitraria, pois carece de fundamento real e priva á veciñanza dun servizo gratuíto e esencial, que non exclúe materias á hora de atender, informar, formar e protexer as persoas consumidoras de Ourense, aportando unha indubidable utilidade ao Concello de Ourense ao longo dos anos”. Neste senso, os socialistas consideran que “chegou o momento de brindarlle ás persoas consumidoras de Ourense, unha OMIC sólida e con expectativas de futuro, e proporcionarlle, deste xeito, a información, competencia e defensa de dereitos que unha cidadanía activa e empoderada merece”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------