O Carballiño acolle esta fin de semana a 572 participantes na ‘Copa Galega de Show’ de patinaxe artística

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pavillón polideportivo Paco Chao do Carballiño xa está preparado para albergar a última gran cita da tempada de grupos ‘show’ de patinaxe artística, a “Copa Galega de Show-Xunta de Galicia”, na que tomarán parte 572 patinadoras e patinadores pertencentes a 30 clubes de tres das catro provincias galegas, faltando únicamente a de Lugo.

COMERCIAL ORCELLÓN

En total, pola cancha central pasarán un total de 50 coreografías diferentes dos principais clubes galegos. O Club Aehde do Carballiño exerce de organizador por designación da Federación Galega de Patinaxe, xa que se trata dunha competición oficial que pecha
a tempada desta vistosa modalidade.

O sábado terá lugar a competición de grupos de categoría Nacional: grandes (máis de 16 membros), pequenos (ata 12), júniors (dende 8) e os cuartetos, tanto júnior como séniors. Para o domingo quedará a Segunda categoría tanto en grupos grandes como pequenos.

O Club Aehde contará cunha formación en grupos pequenos de categoría Nacional e outro pequeno en Segunda. A competición será puntuada polo sistema Rollart, un sistema que destaca máis a parte artística, e o pavillón Paco Chao presentará un formidable aspecto nas súas bancadas nas dúas xornadas. Esta é a terceira iniciativa que organiza o Club Aehde no Carballiño ao longo do mes de xuño.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------