O Instituto de Estudios presentou a revista “Ágora do Orcellón” e o libro “A procura de Ruliño”, e entregou o premio ‘César Vallejo 2024’ á actriz Josi Lage

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Instituto de Estudos Carballiñeses (IEC) celebrou este pasado sábado un acto cultural no salón de actos do Casino do Carballiño, no que se levou a cabo a presentación do número 43 de revista “Ágora do Orcellón”, que publica a mesma entidade con portada do artista Antón Pulido, e do libro “Na procura de Ruliño”, escrito por Ana Isabel Rodríguez. Ademais, fíxose a entrega do Premio á Excelencia Mundial “César Vallejo” 2024 a Josi Lage, actriz carballiñesa nada en Arcos e socia do colectivo de investigadores. O acto foi guiado pola tamén actriz Uxía Blanco e contou coa amenización musical de María do Ceo e o seu grupo instrumental.

Previamente, o IEC reuníuse na súa asamblea ordinaria anual, na que a xunta directiva que preside Avelino Muleiro fixo un balance da programación realizada e do estado das contas da entidade. Tamén se deu entrada a novos socios, coma foi o caso de Argimiro Marnotes Fernández, actual presidente de Club Deportivo Arenteiro e deputado no Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense.

COMERCIAL ORCELLÓN

Xa no programa previsto nesta xornada, os asistentes coñeceron o libro “Na procura de Ruliño”, da que é autora Ana Isabel Rodríguez, e no que profundiza na tradición dos monicreques, unha arte que deixou unha profunda pegada na cultura galega e universal. A tamén secretaria do IEC foi pioneira no Carballiño na introducción de montaxes escénicos con monicreques, nos primeiros anos de andaina da Agrupación Cultural Avantar, que cumplíu as súas vodas de ouro o ano pasado, e que ela mesmo relata detalladamente na súa publicación,

O momento máis emotivo do acto foi a entrega do Premio “César Vallejo 2024” a Josi Lage, recoñecemento que destaca a súa traxectoria excepcional no mundo da interpretación. A actriz nada en Arcos, foi oficialmente galardoada na modalidade artística, tendo en conta a súa traxectoria profesional de máis de tres décadas dedicadas á arte escénica nas súas múltiples facetas -interpretación, dirección, docencia e compromiso social- ademais de encarnar os valores de excelencia, solidariedade e compromiso cultural que distinguen a este premio internacional. Josi Lage recoñeceu estar moi agradecida, “sobre todo por recibir este premio da man do Instituto de Estudos e do seu presidente, Avelino Muleiro, e na miña propia terra, O Carballiño”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------