Bases reguladoras da convocatoria do concurso de camisetas para a LXIII Festa do Pulpo, ano 2025.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

EXTRACTO DAS BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CAMISETAS
PARA A LXIII FESTA DO PULPO, ANO 2025


De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base
de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/
841798)

  1. Obxectivo do concurso
    O presente concurso ten como finalidade seleccionar o deseño dunha camiseta con motivo da
    Festa do Pulpo 2025 e así seguir incentivando a participación da mocidade na Festa do Pulpo.
    O deseño pode estar creado en base a debuxos, imaxes, tipografías, palabras, frases, números
    ou calquera outro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, na
    súa parte dianteira ou traseira ou en ambas.
    O estilo do deseño é libre, pero cunha temática que identifique a dedicación da Festa do Pulpo
    2025 (“Italia”).
  2. Beneficiarios
    A participación está aberta a todos os colectivos (asociacións xuvenís, culturais, veciñais, etc.;
    grupos, bandas xuvenís, colexios…) que o desexen, sen límite de idade sempre que o responsable
    da agrupación sexa maior de idade.
    Cada peña so poderá participar cun deseño.
  3. Crédito orzamentario e premios
    Establécense os seguintes premios:
    1º premio: 300 €
    2º premio: 200 €
    3º premio: 100 €
    O resto de camisetas que cumpran os requisitos das bases expostas recibirán unha compensación
    por importe de 60 euros cada unha.
    No caso de que se esgote o crédito debido ao número de inscricións, quedarán sen á compensación
    de 60 euros as que realizaran a súa inscrición máis tarde.
    Calquera dos premios poderanse declarar deserto se o xurado o considera oportuno.
    Aos premios aplicaráselle as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente.
    BOP|Ourense
    Boletín Oficial Provincia de Ourense | D.L. OU 1-1958 Deputación Provincial de Ourense CSV: f2383e9f-1731-49a8-9830-25d6e7f7e14b
    Verificar: https://bop.depourense.es/portal/csv
    N.º 130 | Mércores, 9 de xullo de 2025 | Páx. 17
  4. Prazo e presentación de solicitudes e documentación
    As inscricións deberanse recoller no Departamento de Cultura do Concello, e presentarse no
    rexistro municipal dende o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria
    no BOP, trala comunicación efectuada para o efecto na Base de Datos Nacional de Subvencións
    (BDNS), e ata o día 6 de agosto de 2025 en horario de oficina (de 9 a 14 horas). Para calquera consulta
    poderán chamar ao teléfono 988 530 007, (extensión 329) ou 662 198 615.
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------