O Seprona investiga a un empresario por verquidos contaminantes ás Pozas de Melón

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación ‘Caolinita Un, tomou declaración ao representante dunha empresa mineira, como presunto autor dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, ao ter constancia a Garda Civil de verteduras recorrentes de auga cunha alta concentración de sólidos en suspensión que proveñen das instalacións dunha empresa.

COMERCIAL ORCELLÓN

Estes verquidos carecen da preceptiva autorización por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e contaminan o regato denominado A Armada e, en consecuencia, o río Cerves, xerando un gran impacto no dominio público hidráulico, principalmente na paraxe natural das Pozas de Tourón, ubicadas no municipio de Melón.

As dilixencias do caso están a ser tramitadas polo Xulgado de Instrución de Ribadavia.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------