Todo en marcha no Paco Paz para acoller Pazolandia: “Un clásico da diversión no Nadal da nosa provincia”, sinala Menor

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial, Luis Menor, visitou esta tarde os traballos de montaxe do parque de atraccións, que abrirá ao público do 26 de decembro ao 4 de xaneiro 

Ourense, 21 de decembro de 2023.- O maior parque de atraccións de Galicia, Pazolandia, abrirá as súas portas do 26 de decembro ao 4 de xaneiro, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 (o 1 de xaneiro, o horario será só de tarde). Con motivo da proximidade deste evento, o presidente provincial, Luis Menor, visitou esta tarde as instalacións do pavillón Paco Paz para coñecer de primeira man a montaxe do parque de atraccións, agradecendo o traballo  que están a facer os responsables do Pazo dos Deportes para que desde o próximo martes Pazolandia volva un ano máis a ser “un clásico da diversión no Nadal da nosa provincia”. 

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Máis de 60 concellos con nenos da provincia visitarán Pazolancia, que este ano contará con dúas interesantes novidades relacionadas coas atraccións. As dúas estarán instaladas no exterior da instalación debido o seu tamaño. Unha delas será o “Boomerang”, unha atracción que acada os 22 metros de altura no seu punto máis alto e que consiste nun péndulo que xira sobre o seu eixe cun tamaño de 19 metros de largo, 12 de ancho e 22 metros de altura. A segunda novidade é a “Pasaxe terror”, unha atracción de 10 metros de lonxitude pechada coas últimas tendencias relacionadas co mundo do terror e baseada en películas desta categoría. Outra das novidades destacadas nesta edición é o “Mundo do xoguete”, unha zona especial para os máis cativos con todas as tendencias en xoguetes para bebés e cativos de ata 5 anos. 

Novidades 

Estas novidades uniranse á tradicional oferta de atraccións de Pazolandia, onde non faltarán os coches de choque; os xogos hinchables; as camas elásticas; a zona de tatuaxes; os obradoiros de maquillaxe, chapas e globoflexia; o tren Disney; o coaster tigre; as zonas de videoxogos; os apartados de baloncesto e fútbol; a barredora; así como as atraccións no exterior como o “Saltamontes”, “La olla” ou a pista americana, entre otras. Tamén haberá gardarroupa gratuito e diferentes opcións de restauración para todos os gustos. 

Pazolandia conta cunha afluencia estimada de 25.000 persoas durante as vacacións do Nadal, cuxa entrada custará 5 euros para o público xeral e 4 euros para grupos en viaxes promovidos polos concellos da provincia. A venta de entradas online pódese realizar a través de www.pazolandia.es 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------