O balneario de Laias acolle aos 30 primeiros usuarios do programa piloto de termalismo como terapia para a artrose de xeonllo, liderado pola Deputación de Ourense, a través da área de Benestar, coa colaboración da Cátedra de Hidrología Médica da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Con este motivo, nas instalacións termais desenvolveuse unha xornada de traballo técnica na que participaron a director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira; a directora xeral de Igualdade e Políticas Locais da FEMP, Cristina Montalvá; xunto a Javier Calvo, alcalde de Vega de Tirados (Salamanca), localidade que será a sede da próxima asemblea anual da Sección de Vilas Termais.
Durante a visita tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os tratamentos que se aplicarán durante nove días ao primeiro grupo de usuarios do proxecto. Dolores Fernández, da Cátedra de Hidrología Médica, foi a encargada de explicar aos asistentes os tratamentos que se están aplicando no balneario, no marco desta iniciativa experimental en España que busca destacar a hidrología médica, así como o seu potencial e posibilidades, de ser considerada unha tecnoloxía sanitaria.
Os 30 usuarios do programa reciben diferentes técnicas termais en torno á auga, deseñadas por médicos especialistas, para estudar os beneficios da balneoterapia na súa enfermidade. Desta maneira, o protocolo elixido incluiye exercicios activos en piscina, 20 minutos de balneación xeral, 15 minutos de técnicas de presión como chorros e ducha circular e repouso de 15 minutos.
Tras as explicacións técnicas, a directora xeral de Igualdade e Políticas Locais da FEMP, Cristina Montalvá, puxo en valor a “calidade do proxecto” e a “xanela de oportunidade” que supón para o resto de balnearios e vilas termais da FEMP. Ademais, destacou á Deputación de Ourense como “exemplo en políticas de termalismo social” que poden “replicarse” no resto das 77 vilas termais españolas. Doutra banda, o alcalde de Vega de Tirados, Javier Calvo, cualificou este programa experimental como “o claro exemplo de como o termalismo axuda ao desenvolvemento rural”.
Ademais, a director da área de Benestar, José Juan Cerdeira, lembrou que o balneario de Laias será durante estes días o “gran laboratorio que marcará o camiño”, xa que os resultados obtidos sentarán as bases para que no futuro póidanse desenvolver máis programas sobre outras patoloxías.