Luis Menor felicita ao Club Ximnasia Pavillón polos resultados no Campionato do Mundo por Idades e no Campionato do Mundo Júnior de Trampolín

Luis Menor Pérez (Presidenta da Deputación Ourense) acompañado do asesor de deportes Diego Enrique Álvarez Fernández, recibe no Pazo Provincial a unha representación do Club Ximnasia Pavillón, representada pola súa presidenta, María del Carmen Blanco González, a súa adestradora Ada Pazos Sánchez-Rubio "Adita Pazos" e un nutrido grupo de deportias.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial a unha representación do Club Ximnasia Pavillón, á que felicitou polos “bos resultados” logrados no Campionato do Mundo por Idades e no primeiro Campionato do Mundo Júnior celebrados na localidade de Birminghan, en Reino Unido.  

O Club ourensán participou con oito deportistas dos 26 que representaron á  selección española, sendo o equipo que máis ximnastas aportou a dita selección. Por elo, Menor agradeceu “o esforzo e o traballo realizado polo club e, sobre todo, por estes deportistas que coa súa disciplina levaron o nome da provincia de Ourense a lograr unha gran posición nestas competicións mundiais”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Na recepción no Pazo Provincial estiveron presentes sete ximnastas do club, así como a adestradora, Ada Pazos, e maila presidenta Carmen Blanco.