Os socialistas de Ribadavia fan balance do primeiro ano de mandato popular destacando a falta de investimentos

Celébrase o primeiro ano de mandato do goberno popular de Ribadavia e a pesar de que non todo foi negativo non foi nin moito menos o goberno de cambio que anunciaban.   

O traballo de xestión para o benestar dos veciños/as, a posta en marcha dos servizos públicos e a xestión e coordinación do equipo de persoal nas diferentes áreas, non foi suficiente.

AVANTAR ACTIVIDADES

deterioraronse os servizos públicos nos barrios e parroquias, e o servizo de limpeza empeorou.

o abandono continuou desde a deputación coa desaparición do plan de obras nas estradas do rural.

gardaron silencio ante políticas da xunta de desmantelamento en sanidade e educación.

Faltou potenciación do turismo e do patrimonio e a cultura.

Houbo cero investimento empresarial para crear postos de traballo, por medio de obradoiros de emprego, que anunciaban nin tampouco no parque empresarial nin nas instalacións deportivas do pavillón.

E algo moito peor: cero euros de investimentos do goberno popular,  no que fai un ano o alcalde era membro no parlamento da Xunta de Galicia.