Galicia e Ourense reducen casos activos e presión asistencial nos hospitais

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 133 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.933, o que amosa un leve ascenso dunha vintena de persoas. A presión asistencial mantense. Hoxe hai 38 (-2) persoas na UCI, e 146 (-2) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha variación positiva. Hoxe hai 7 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 3 casos, ata os 222 casos totais. Os hospitais presentan hoxe un novo descenso. Contamos con 10 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES