O exdirector da Mostra Internacional de Teatro (MIT), o carballiñés Roberto Pascual, no seu discurso de agradecemento por recibir o Premio de Honra do festival de Ribadavia en homenaxe á súa traxectoria, tivo unha lembranza especial para os fundadores da Asociación Cultural Abrente, que nos anos 70 e en plena Dictadura, foron quen de sacar adiante unha mostra teatral reivindicativa non só da creación dramática, senón tamén da cultura galega.
Pascual salientou que naquela época “ademais das persoas que traballaban e dos espectáculos, tamén era importante debatir e respetarse, discrepar”. “Eran persoas que defenderon unha casa común dos afectos e das liberdades, que loitaron contra a censura, que nos interpelan, que nos din que temos que seguir loitando por eses espazos de liberdade de expresión e de creación”, engadíu.