Asdifica organiza unha concentración para reclamar o seu dereito a un local digno onde poder realizar as súas actividades

A Asamblea Xeral da Asociación tamén se centrou neste tema o pasado 4 de maio.

Despois de anos de promesas incumpridas, seguimos a ter que buscarnos
a vida ano tras ano.
A concentración será o sábado 2 de Abril as 12:00 na Praza Maior do
Carballiño e agardamos contar co apoio da veciñanza.

Desde ASDIFICA (Asociación de Persoas con Discapacidade Física e
Orgánica do Carballiño e Comarca), levamos xa moitos anos prestando
servizos de todo tipo a máis de 100 Asociados: cursos, formación
para familiares, apoio psicolóxico e un gran número de actividades para
facilitar a vida de moita xente.
Xa levamos tamén moitos anos reivindicando que o Concello do Carballiño
nos ceda Un Local onde poder facelas todas sen ter que andar alugando ou pedindo
prestados sitios polo pobo adiante.
Sempre obtivemos moi boas palabras pero nunca un feito real. Despois de
moitas Voltas e reivindicacións de todo tipo, conseguimos o 15 de Xuño do ano
pasado que o Alcalde do Carballiño D. José Francisco Fumega Piñeiro,
xunto coa Concelleira de Servizos Sociais, Guadalupe Sobrado asignasen
un espazo acorde as nosas necesidades na Estacion de Autobuses cando
se fixera a intermodal.
Recibimos esta solución con ilusión e esperanza de que a fín fose a
definitiva pero despois das novas parecidas sobre a instalación alí do novo
Centro de Saúde, recibimos un golpe moi doloroso. Ainda máis polas
formas, a día de hoxe, ninguén falou con nós para darnos unha explicación
ou ofrecernos alternativas. Non podemos seguir así mais tempo.
Pedimos respeto ao colectivo que representamos e pedimos só un espazo
para poder realizar as actividades e atención. Nós mesmos nos
encargaríamos de arranxalo e facer a inversión necesaria para o seu
acondicionamento. Só pédimos UN LUGAR.
Ante a falla de sensibilidade dos nosos gobernantes, imos levar a cabo
unha concentración pacífica e aberta a todos os que queiran participar
para reivindicar o noso dereito a que se cumpran os compromisos.Será o
sábado 2 de abril as 12:00 na Praza Maior do Carballiño e agardamos que
sirva para que os que mandan escoiten por fin que o que pedimos é mais
ca Xusto.
LOCAL XA!!

AVANTAR ACTIVIDADES