A Banda Sinfónica Galega (BSG) acadou o Primeiro Premio e Mención de Honra na Sección Libre do 137º Certame Internacional de Bandas de Música “Ciutat de València”

A Banda Sinfónica Galega (BSG) acadou o Primeiro Premio e Mención de Honra na Sección Libre do 137º Certame Internacional de Bandas de Música “Ciutat de València” (CIBM 2025), con 352 puntos.

Un dos membros desta exitosa formación é o saxofonista carballiñés Eloi Pousa Mosquera, quen iniciou a súa formación musical no Conservatorio Profesional e na Banda Escola Municipal do Carballiño.

Este importante recoñecemento internacional para a música galega é tamén un orgullo para o Carballiño, demostrando o talento local e a calidade da formación musical da nosa vila https://share.google/YA2fjCq1v4q60Neuv

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------