O Concello do Carballiño condena as pintadas coas que amenceu esta mañá a praza da Alameda. O concelleiro de Persoal e Seguridade, Alberto Otero, condenou este acto vandálico que “afecta e dana ao patrimonio público”.
A Policía Local do Carballiño mantén aberta unha investigación para identificar aos responsables, que se enfrontan a multas de ata 6.000 euros por un delito de danos ao patrimonio público, ademais de asumir a reposición do mobiliario urbano danado.
O Concello porá en marcha en breve novas medidas de seguridade que eviten, mediante a disuasión, este tipo de actos. Estas medidas, entre as que se prevé a instalación de cámaras de vídeo, “axudarán no futuro a identificar aos autores destes feitos”, explicou Otero.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------