Desde o PSdeG-PSOE de Ribadavia lamentan profundamente “o xeito en que o Partido Popular decidiu “cumprir” coa Lei de Memoria Democrática: colocando unha estatua de Castelao sen ningún tipo de homenaxe digna, sen adecentar ou desbrozar a contorna, o chan sen varrer … Sen un só acto institucional nin contextualización que honre a súa figura”. A formación política socialista refírese á estatua instalada polo Concello na rúa que leva agora o nome do insigne galeguista, e que antes tiña a denominación “Muñoz Calero”, persoa vencellada á Dictadura.
As socialistas e os socialistas ribadavienses subliñan que “Castelao non é un mero trámite e non debe ser utilizado deste xeito”. Engaden que “non é excusa para cambiar o nome dunha rúa sen compromiso real coa memoria nin coa historia”, xa que, matizan, “plantar unha estatua sen alma, sen respecto e sen un mínimo de decoro, non é render homenaxe:é cumprir expediente”.
O PSdeG-PSOE de Ribadavia apunta que “o PP converte así un acto que debería servir para lembrar e dignificar a quenes loitaron pola democracia nunha operación de maquillaxe política”, e reclaman “que se tomen en serio a memoria de Galicia e dos seus referentes. Castelao merece ser lembrado con dignidade, non como parte dun decorado improvisado e abandoado”.