Acondicionamento de viais na aldea de Sandiás cun presuposto de 50.000 euros

Nesta intervención de mellora fruto dunha subvención da Deputación de Ourense cun presuposto de 50.000 Euros, contemplouse a intervención sobre o vial ao carón do grupo escolar Ceip de Sandiás dende a Rúa do Pegal ata a estrada OU-1116;  a mellora na Rúa do Pegal dende a Nacional-525, melloras no camiño da aldea de Arriba dende o Ceip ata a Rúa Regueriño e finalmente melloras na Rúa Regueiriño dende a Nacional-525. A empresa adxudicataria das obras foi Excavaciones P. Prol S.L.

Nas zonas anteriormente citadas leváronse a cabo apertura de cunetas, limpeza de bordes laterais do vial mediante desbroce, execución dunha capa de macadán de canteira, limpeza do pavimento, reparación total e bacheo de zonas puntuais, rexeneración do pavimento mediante unha dobre rega asfáltica con emulsión e colocación de tapas de rexistro  e reixas sumidoiro.

Mediante as obras proxectadas, o Concello de Sandiás pretende manter a liña que lle caracterizou nos últimos anos no seu empeño de dotar aos núcleos do municipio do mantemento e renovación de infraestruturas básicas, logrando o aumento da calidade de vida dos seus habitantes e a mellora das condicións medio-ambientais dos devanditos núcleos rurais.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------