A incidencia de lingua azul está afectando a explotacións con poucos recursos
Ourense, 1 de agosto de 2025.- Unións Agrarias alerta dunha vaga de mortandade de gando ovino na provincia de Ourense provocado pola enfermidade da lingua azul. Unha situación que motivou que a organización se dirixise a Consellería de Medio Rural para trasladarlle a preocupación existente entre os gandeiros e a necesidade de convocar unha reunión de urxencia para tratar de reconducir esta crise sanitaria.
Hai que lembrar que as explotacións afectadas representan un activo medioambiental imprescindible para o mantemento no espazo rural de franxas verdes que serven de cortalumes naturais nun entorno especialmente afectado pola desertización demográfica e o abandono da actividade agraria. Neste contexto, resulta de imprescindible abrir de inmediato unha dobre liña de actuación para acoutar a expansión da enfermidade e tratar de salvar as granxas afectadas mediante liñas de axudas directas.
Polo que se desprende dos últimos resultados aportados polo Laboratorio Central de Veterinaria situado en Algete e que é o de referencia para a sanidade animal, se teñen detectado na cabana bovina novos serotipos do virus que provoca a lingua azul en animais, que son resistentes ás vacinas actuais, polo que non se descarta que a mortandade masiva de ovellas veña derivada deste mesmo vector de infección.
UUAA solicita que se actúe de xeito contundente e inmediato para evitar efectos catastróficos nas cabanas ovinas como os que se deron no ano pasado en Extremadura que deixou un panorama de perdas tremendo para unhas granxas que tradicionalmente teñen un volume de ingresos moi pequeno e que polo tanto son mi sensibles a este tipo de crises.