Rosendo Fernández sinala que o arquivo da causa aberta pola denuncia de Villarino demostra que, “como sinala o xuíz, esta manobra non foi máis cun intento de ‘vendetta’ político”

Define ao “aínda voceiro socialista como un home desesperado por intentar acadar o seu minuto de protagonismo mediático. Pero eiquí volve a amosar que a súa falta de escrúpulos no práctico vai parella a súa incompetencia no teórico”

Fernández lamenta que, “como tamén sinala o maxistrado, Rafa Villarino tratou de xudicializar un conflito de mera natureza política – administrativa para, engado eu, salvar a súa presenza nas listas dalgún concello despois de ser defenestrado polo seu partido”

AVANTAR ACTIVIDADES

“Esta xogada, tan triste como inútil, ilustra a forma de concibir a política de Villarino. Un home que tratou de venderse coma vítima dunha conspiración en realidade creada por el mesmo. Algo ao que nos ten acostumado dende que dicía que vía OVNIs no ceo de Amoeiro”

Ourense, 11 de xaneiro de 2023.- O deputado do Grupo do Partido Popular da Deputación de Ourense -e vicepresidente primeiro provincial-, Rosendo Fernández, sinalou esta tarde que o sobresemento e arquivo da causa aberta pola querela de Rafael Rodríguez Villarino por non outorgarlle o pleno da Corporación provincial unha ampliación da súa compatibilidade laboral na universidade “retrata ao, aínda, voceiro socialista como un home desesperado por intentar acadar o seu minuto de protagonismo mediático. Pero eiquí volve a demostrar que a súa falta de escrúpulos na práctica vai parella a súa completa incompetencia no plano teórico”.

“No seu momento non entramos a valorar a querela de Rafa Villarino porque entendiamos, como agora tamén conclúe o xuíz, que esta manobra non foi máis cun torpe intento de ‘vendetta’ política”, resume Rosendo Fernández, que se pregunta se “este comportamento nos xulgados era o xeito polo que este home quería ‘desparasitar’ a Deputación de Ourense”.

Nesta mesma liña de denuncia da actitude do voceiro socialista, Fernández lamenta que, “como tamén sinala o maxistrado, Villarino tratou de xudicializar un conflito de mera natureza política – administrativa para, engado eu, gañar uns minutos de repercusión e salvar a súa presenza nas listas dalgún concello, despois de ser defenestrado polo seu propio partido ao elixir a outro candidato para as municipais na cidade”.

Para Rosendo Fernández, “esta denuncia, tan triste como inútil, ilustra perfectamente a forma de concibir a política de Villarino. Un home que foi quen de empurrar aos seus ‘compañeiros’ a unha rolda de prensa na que tratou de venderse coma vítima dunha conspiración en realidade creada por el mesmo. Algo ao que, por outra parte, nos ten acostumado dende aqueles tempos nos que dicía que vía OVNIs no ceo de Amoeiro”.

“Afortunadamente para Ourense”, remata Rosendo Fernández, “semella que os tempos de Villarino xa son pasado. E a verdade é que, observándoo, é perfectamente comprensible que dende as propias estruturas internas do PSdeG deixaran de confiar nun home sen criterio, sen partido e sen concello”.