O concello celebra o luns o último pleno do ano, motivado polas modificacións nas ordenanzas fiscais

O próximo luns, a corporación do concello do Carballiño reunirase a partir das 09:00 horas en sesión plenaria, a que será a última deste ano. A premura para celebrar esta sesión débese ós prazos para a formalización das modificacións fiscais postas en marcha polo goberno local. Ademais, na orde do día tamén haberá outro punto: a proposta de regulación do funcionamento dos plenos. O goberno local propón unha serie de medidas para que estas sesións se fagan máis dinámicas, como limitar unha moción por cada grupo ou reducir os tempos de debate. Este punto prevese que xenere debate entre os grupos da oposición.

Na última sesión plenaria do ano, o goberno local adoita presentar un borrador dos presupostos do ano seguinte. Ó celebrar esta sesión fora da data habitual, ata o mes de xaneiro non se presentará esta proposta. Fumega subliña que quedan apenas algúns flecos orzamentarios, dependentes das aportacións finais doutras adminsitracións coma a do Estado.

AVANTAR ACTIVIDADES