O BNG demanda do concello o arranxo das instalacións da Galiña Azul

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Sofía García demanda ao concello que asuma a súa responsabilidade no mantemento das instalacións tras anos de abandono institucional.

A voceira municipal do BNG do Carballiño, Sofía García, tras manter unha xuntanza coa dirección do centro educativo infantil, constatou o estado de abandono ao que están sometidas as instalacións por parte do ente municipal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tal como se desprende do acordo marco da FEGAMP – consellería de política social en relación ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, corresponde ao concello do Carballiño a responsabilidade no mantemento e arranxos da Galiña Azul, indicou a voceira nacionalista, que demanda do goberno municipal faga os arranxos que lle corresponden; e de ser o caso que demande do Consorcio Galego de Servizos e Benestar as responsabilidades pertinentes. “O que non pode ser é que se continúe prolongando esta situación” declaraba a voceira do BNG.

Sofía García constatou que na Galiña Azul o patio exterior, conformado  por uns xogos e un chan de caucho, atópase en moi avanzado estado de deterioro, mesmo as persianas do centro non son funcionais e revirte certa perigosidade polo seu mal estado. “As baldosas de caucho do patio, están tan estragadas que xa hai herba entre mesmas, até o punto que varias se atopan tan separadas que xa supoñen un perigo para as nenas e nenos”.  

A  situación de deterioro do patio exterior no centro educativo levou ao profesorado a tomar a decisión de non sacar ás crianzas aos espazos de esparcimento, ante a posibilidade real de que aconteza algún accidente, indicaba a voceira nacionalista.  Está situación agrávase na medida en que se achegan as épocas de bo tempo, e de máis calor, e o profesorado non vai poder sacar ao alumnado ao patio mentres non se arranxen as instalacións.

A situación de abandono é tal, que os xogos exteriores levan desde o 2009 sen repoñer, co que iso implica para unhas instalacións que se atopan á intemperie día e noite todos os días do ano, é dicir, con un nivel de deterioro que non os fan aptos para os cativos e cativas que farían uso deles.