O PSdeG-PSOE de Ourense pide ao alcalde, que mostre respecto aos xornalistas

O PSdeG-PSOE de Ourense pide ao alcalde da capital, Gonzalo Pérez Jácome, que mostre respecto aos xornalistas e aos medios de comunicación en xeral, e se retracte despois do carrusel de insultos de hoxe no que perdeu as formas propias dun cargo público da súa responsabilidade. Esta destructiva actitude xa comezou estando na oposición e agravouse desde que ocupa a casa consistorial, tanto nas redes sociais como nas declaracións públicas, especialmente nas inferidas esta mañá durante a rolda de prensa de balance do ano de goberno nas que en varias ocasións dirixiuse aos xornalistas como “mentirosos” e “manipuladores”.

Os socialistas consideran “inaceptable” esta actitude do rexedor da terceira cidade de Galicia, dado que se trata dun cargo público que representa á institución e debería defender á veciñanza sempre desde o respecto e as boas formas. Este tipo de declaracións son “bochornosas” e “denigran á institución que é de todos e todas”, aseguran.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o grupo municipal recordanlle a Jácome a responsabilidade que ostenta como alcalde de Ourense, esa mesma que debería ter defendido esta mañá no salón de plenos mentres continúa a comportarse coma o “matón Jácome” que “usa o Concello como se fora a súa tenda de música”.