O concello acolle a presentación do 12º Congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas

O Centro de Estudos Chamoso Lamas organiza neste próximo mes de outubro o seu 12º congreso, baixo o nome “Valorización e xestión do patrimonio cultural e medioambiental”. Esta nova edición terá lugar os días 7, 8 e 9 de outubro e foi presentada esta mañá no concello do Carballiño.

O presidente da entidade, Carlos Rodríguez, explicou máis ó detalle o que teñen preparado para este congreso, que por primeira vez terá varios escenarios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este programa contará con 30 horas de ponencias, coloquios e mesas redondas, e proxeccións audiovisuais. Como breve resumo, renderán homenaxe a José Luis Cuerda, contarán a presenza do historiador Felipe Senén e Carlos Montes, entre outros; visitarán a Fábrica do Papel e o Museo Etnográfico Liste e na terceira e última xornada, os coloquios terán lugar na adega Pazo Tizón.

Todo o que queira participar pode facelo formalizando a súa inscrición a través da páxina web do Centro de Estudos Chamoso Lamas.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, destacou a este grupo polo seu traballo de máis de 25 anos con publicacións e fixo fincapé no nutrido programa que traen para este ano.