Dende a formación aseguran que foron moitas as familias do San Amaro as que durante os meses de desconfinamento padeceron a que califican de “lamentable cobertura” de telefonía e internet no municipio.

O portavoz da formación, Fausto Alén, asegurou que en pleno ano 2020 debería ser unha obriga para o alcalde e o seu equipo por un gran número de razón. As vantaxes que sinalou Alén de mellorar esta cobertura son que fixaría poboación, melloraría as condicións de traballo das empresas locais e garantiría unha mellor situación para as familias no caso de ter que afrontar un novo confinamento.

O portavoz asegura que a inminencia do comezo do curso escolar e a situación de descontrol dos contaxios fai extremadamente urxente que esta cuestión se convirta en prioritaria.

Por todo o antedito, Fausto Alén, voceiro de Espazo Común no San Amaro, solicitará mediante escrito no Concello que o alcalde se poña a traballar nun Plan que garanta unha cobertura de calidade en tódolos lugares tanto de móbil como de internet.