Este sábado da comezo o ciclo de comedia “Éche unha risa”, con Elsa Ruíz

A humorista Elsa Ruíz será a encargada de comezar o ciclo de comedia do Carballiño “Éche unha risa”. Esta primeira actuación será o sábado 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio Manuel María. O espectáculo que nos trae é o dilema “Pizza con piña”. As entradas están xa á venda, en A Solaina Café Bar, na mesma Avenida do Balneario, e en internet, na páxina web woutick.es.

http://www.woutick.es/…/entradas-elsa-ruiz-pizza-con-pina

AVANTAR ACTIVIDADES

A seguinte, será o 18 de decembro, da man de Beatriz Rico, co monólogo “Antes muerta que convicta”; seguida o 15 de xaneira por Rafa Maza, con “Fabiolo Connection”; e rematarán Xavier Deltell e Pepo Suevos, con “Por el humor de dos”.