Ribadavia consegue o proxecto de mellora e rehabilitación da rúa da Portanova ao campo da feira.

O CONCELLO CONTINÚA TRABALLANDO EN PROXECTOS DE MELLORA NA ZONA MONUMENTAL.
Ribadavia a 18 de marzo.
Este proxecto foi presentado en varias ocasións nesta lexislatura en diferentes administracións, agora Ribadavia tras a negativa da Deputación, que non quixo apoiar ningún dos proxectos da zona monumental que se lle presentou, consegue o apoio da Dirección Xeral de Turismo, da Xunta, para a mellora do exterior da Portanova, e o camiño da Barca ata o Campo da Feira, en pleno corazón da zona monumental.
Desde o Concello, Brais Fidalgo, reiteraba o agradecemento á Dirección Xeral de Turismo da Xunta, xa que unha vez máis colabora con Ribadavia, despois de que xa o fixera na mellora do local social da Igrexa da Madalena.
PROXECTO HUMANIZACIÓN CAMIÑO DA BARCA- PORTANOVA. Realizamos este Proxecto por ser unha prolongación dunha das portas principais que dan acceso o entorno amurallado do castelo de Ribadavia. Ademais, esta rúa une a emblemática Portanova co parque do Campo da Feira, no que está ubicada a área de autocaravanas e que atrae a moitos visitantes e turistas cada ano e de maneira constante e estable.
Este camiño, a pesar da súa situación tan importante ten un acabado superficial formado por formigón a vista, con zoas parcheadas e numerosas fendas, dispón no seu encontro coa rúa transversal, dúas beirarrúas que coinciden co tramo mais ancho do camiño.Sendo moi necesario humanizar dito camiño e darlle unha forma máis acorde co entorno onde se encontra. Ademais, anúlanse os contedores de lixo soterrados e fora de uso, que causan moi mala imaxe, deixando no seu ámbito un pavimento de iguales características o existente, eliminando desta zona o estacionamento de vehículos.
Brais Fidalgo, portavoz do goberno e responsable da área de urbanismo e casco histórico, recorda que este é un proxecto moi demandado durante anos, e que agora farase realidade grazas a un proxecto que ascende a case 50 mil euros, dos cales a Xunta a través da D.X. de Turismo aporta 30 mil euros.
É xusto recordar que este proxecto foi rexistrado na Deputación de Ourense en varias ocasións no ano pasado. A pesar das numerosas modificacións orzamentarias e do reparto de diñeiro aos concellos da provincia, a Deputación optou polo seu veto a Ribadavia tanto en 2022 como no 2023.