Nos 597 test de seroprevalencia feitos polo Sergas só houbo dous positivos por coronavirus

CONFIRMAMOS A POUCA CIRCULACIÓN DO COVID19 NA NOSA CONTORNA. XA TEMOS OS RESULTADOS DOS TESTS DE SEROPREVALENCIA E SÓ HOUBO DOUS POSITIVOS.

Na area sanitaria de carballiño fixeronse 597 probas nesta primeira onda, con dous casos positivos, aos que se lles fixo a pcr para confirmar se o virus estaba activo ou non. Nun dos casos, a pcr deu positiva, é decir, era un paciente co virus activo pero sin síntomas, e no segundo caso a pcr deu negativo, é decir, unha persoa que tiña anticorpos porque nalgun momento estivo en contacto co virus pero xa non o ten. As probas do centro de saúde de Ribadavia deron todas negativas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Sanidade prepara a segunda onda de tests de seroroprevalencia coa que completará o estudo autonómico da Covid-19

O Instituto Galego de Estatística comezará a analizar esta semana os resultados das 50.925 probas realizadas na primeira das súas fases.

A conselleria de Sanidade xa prepara outras 50.925 probas de seroprevalencia para realizarlle á poboación, e así poder analizar como foi a circulación do virus Sars-Cov-2, nas catro provincias galegas.