Marina Ortega do grupo socialista propón no parlamento un plan para reverter as listas de espera en dependencia, que é rexeitado polo PP

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Marina Ortega denuncia a “utilización espuria” das baixas derivadas da covid por parte da Xunta para “trampear” coas listas de espera

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, reclamoulle hoxe á Xunta un Plan para reverter as listas de espera en Dependencia, que foi rexeitado polo PP. A responsable socialista presentou unha moción para reforzar o persoal dos equipos de valoración da Dependencia, imprescindible para “frear as interminables listas de espera”, e que o PP votou en contra.

Ortega acusou ao presidente da Xunta de “estar de acordo con Rajoy en que a Dependencia non era viable, e así o demostrou apoiando os recortes que tanto dano fixeron ás persoas con dependencia”. Reclamou que a pandemia “sirva de punto de inflexión para que Feijóo comprenda que non é cousa dun poucos, senón de todas as persoas, calquera persoa é susceptible de ser dependente, e temos a oportunidade de facer algo polos máis vulnerables”.

A responsable socialista emprazou ao goberno galego a empregar os fondos adicionais derivados da dependencia para mellorar a atención á Dependencia e sacar a Galicia do furgón de cola do Estado dos servizos sociais, lembrando que Galicia ocupa o posto 13 do Estado nesta materia. Advertiu que as listas de agarda de Galicia superan o ano de espera, máis do dobre do fixado por Lei, aínda máis de tratarse dunha praza de atención residencial.

Marina Ortega citou o informe do Observatorio da Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, que alerta da baixa conxuntural das listas de agarda por causa da covid, e acusou ao PP de “facer trampas e intentar afacerse dos datos” e “trampear” coas listas de espera e presentalas en falso como resultado da súa xestión.

Sen embargo, o mesmo informe apunta ao grave deterioro na Dependencia durante os anos de recortes de Rajoy, superados polo plan de choque posto en marcha polo goberno socialista, que permitiría “eliminar a lista de agarda en 11 autonomías e reducila considerablemente no resto”.

Emprazou á Xunta a aproveitar a iniciativa estatal e os fondos comunitarios para superar a situación dunha Galicia que suspende en cobertura de poboación potencialmente dependente, persoas beneficiarias da Risga, número de prazas residenciais de financiación pública para persoas maiores, cobertura do Servizo de Axuda a Domicilio e Teleasistencia, prazas residencias par persoas con discapacidade ou prazas de acollida para vítimas de violencia de xénero.

Proposta

A iniciativa presentada hoxe reclamaba aumentar o persoal dos equipos de valoración da Dependencia e de resolución de expedientes dos Programas Individuais de Atención, e un informe da Consellería de Política Social sobre os cadros de persoal destes servizos. Tamén reclamaba un informe sobre as listas de expedientes sen resolución de grao e de PIA en 2019 e a comparativa con 2020, e outro sobre os expedientes pendentes do PAR dos anos 2019 e 2020.

MOCIÓN

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1- Aumentar o persoal dos equipos de valoración de dependencia así como os de resolución de expedientes dos Programas Individuais de Atención.

2- Elaborar por parte da Consellería de Política Social un informe detallado dos cadros de persoal dos equipos de valoración de dependencia, así como a previsión de aumento de técnicos de ser o caso.

3- Realizar un informe sobre os datos das listas de expedientes sen resolución de grao e de PIA en 2019, e a comparativa co 2020. Así como o listado de expedientes solicitados sen inicio de expediente no SIGAD.

4- Elaborar un Informe sobre o número de expedientes pendentes do PAR do ano 2019 e do ano 2020 e que sexa remitido ao Parlamento antes de que remate o ano 2021.