As e os socialistas conseguen que se aprobe a súa iniciativa para que o goberno municipal devolva a ‘A Molinera’ o seu uso inicial e promova a innovación e a investigación en beneficio da cidadanía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén reclaman na moción que se poña en marcha un programa anual -que podería identificarse baixo o nome de “Ourense Innova”- que inclúa formación práctica en competencias dixitais e novos oficios, talleres interxeracionais e actividades para mozos e mozas creadoras, entre outras

A edil María Fernández Ojea defendeu que, aparte dos investimentos destinados de xeito organizado, é imprescindible que se salden as débedas en materia de persoal, se garantan os pagos a provedores nun tempo inferior ao actual, se saneen os servizos públicos básicos e se garanta a igualdade e o benestar social

Ourense, 1 de agosto de 2025. O grupo municipal socialista acadou o apoio do pleno –cos votos a favor de PP e BNG e o voto en contra de DO– para a aprobación da súa iniciativa para devolver ás instalacións de ‘La Molinera’ os seus usos iniciais e elabore e poña en marcha un programa anual chamado “Ourense Innova”. O edil do PSdeG no Concello de Ourense José Ángel Vázquez Barquero fixo un repaso pola traxectoria deste centro de coñecemento que xurdiu por iniciativa do PSOE e do BNG durante o goberno en bipartito, que posteriormente foi xestionado polo executivo do PP, e que serviu como foco dinamizador do barrio no que se atopa, máis tamén da cidade en xeral.

Por este motivo, a moción socialista insta nun dos seus puntos de acordo ao goberno local a descartar o uso do edificio como sede de novas dependencias administrativas, por considerarse unha proposta que non responde a ningunha planificación urbanística ou estratéxica pública coñecida, e desaproveita un espazo singular con potencial para usos sociais, formativos e innovadores.

Incidiu o concelleiro en que as dependencias de ‘La Molinera’ deberían destinarse a fomentar a innovación, a tecnoloxía, o emprendemento e a participación social, adaptándose aos retos actuais e apostando por unha programación útil e aberta á veciñanza.

Así as cousas, propuxo que o executivo de Gonzalo Pérez Jácome poña en marcha un programa anual -que podería identificarse baixo o nome de “Ourense Innova”- que inclúa: formación práctica en competencias dixitais e novos oficios, talleres interxeracionais e actividades para mozos e mozas creadoras, apoio a iniciativas cidadás que melloren a cidade, un espazo estable de coworking para emprendedores e profesionais locais e actividades en colaboración con centros educativos, universidades e colectivos sociais.

Por outra banda, o grupo do PSdeG no Concello de Ourense non conseguiu que se aprobase a súa iniciativa que instar ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome a empregar o Remanente de Tesourería de xeito planificado para evitar que a cidadanía continúe perdendo oportunidades. Na mesma, piden que o goberno local elabore un plan –que as e os socialistas nomean como “Plan ReXenera Ourense”– que sexa consensuado, transparente, viable e legal.

A edil María Fernández Ojea defendeu que, aparte dos investimentos destinados de xeito organizado, é imprescindible que se salden as débedas en materia de persoal, se garantan os pagos a provedores nun tempo inferior ao actual, se saneen os servizos públicos básicos e se garanta a igualdade e o benestar social; polo que tamén esixen que elabore e aprobe un Plan de Pago a Provedores co obxectivo de que o periodo medio de pago do Concello de Ourense sexa inferior a 30 días no primeiro semestre do ano 2026.

Incidiu durante a súa intervención en que se o remanente non debería medrar mentres existen necesidades sen cubrir. Entenden as e os socialistas que abonar nóminas de traballadores e traballadoras, facer fronte a pagos no prazo legal que se exixe, evitar que os servizos públicos estean obsoletos e supoñan un sobrecoste para a veciñanza, continúen os problemas de abastecemento e saneamento sen solucionar e abandono do rural e haxa unha grave e destaca ausencia de programas sociais debería ser prioritario para calquer goberno dunha administración pública.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------