Máis de 2.000 persoas participaron no ‘Concurso de Camisetas’ da Festa do Pulpo

https://www.facebook.com/share/v/14GgEsjLmqo

O ‘Concurso de Camisetas’ desta 63ª Festa do Pulpo do Carballiño congregou na tarde do pasado sábado a máis de 2.000 persoas na Praza Maior, que amosaron a súa creatividade a través de coloridos e orixinais deseños. Preto dun centenar de peñas pasaron polo photocall situado na Praza Maior da vila para posar co Pulpo Octavio, e para presumir das súas creacións.

Por primeira vez, produciuse un empate entre as tres camisetas máis votadas, polo que foi necesario acudir ás bases do concurso e desempatar polo número de integrantes. Así, a gañadora foi a peña ‘333 FM’, de 45 integrantes, que recibiu os 300 euros do primeiro galardón. Os ‘Tentaculazos de Cenlle’, de 24 integrantes, levouse o segundo premio de 200 euros, mentres que os ‘Pulpitos Fiufiu’, de 21 participantes, gañou o terceiro premio de 100 euros.

Ademais, todos os deseños que cumpran os requisitos recollidos nas bases recibiron unha compensación económica de 60 euros ata esgotar o crédito dispoñible, de xeito que no de superarse o orzamento, terase en conta a orde de inscrición.

Dende o Concello do Carballiño puxeron en valor a creatividade das peñas participantes, ás que agradeceron a súa participación nesta tradición que une a maiores e pequenos, grupos de amigos e de familiares.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------