
Os técnicos da Concellería de Benestar Comunitario e Servizos Públicos do Carballiño recolleron un total de 33,8 toneladas de basura na 63ª Festa do Pulpo, celebrada o pasado domingo. No Parque Municipal, no que houbo máis de 200 postos (entre tabernas, artesanía, textil e alimentación) e polo que pasaron miles de persoas, recolléronse 16,5 toneladas de residuos, mentres que no casco urbano do Carballiño (onde houbo animación musical, pulpeiras e concerto nocturno) se contabilizaron 17,3 toneladas de basura.
A concelleira de Benestar Comunitario e Servizos Públicos, Rosa Fuentes, asegura que as cifras son semellantes ás das pasadas edicións da festa. Cabe destacar a aposta do Concello pola utilización de envases sostibles desde hai varias edicións, así como a colocación de numerosos colectores ao longo de todo o Parque Municipal e das rúas principais da vila.
Desde o 1 de agosto ata este martes, os técnicos municipais recolleron un total de 173 toneladas de residuos non reutilizables no casco urbano do Carballiño. Pola súa parte, contabilizáronse 7,1 toneladas de basura de bolsa amarela (plásticos, envases); 16,5 de cartón, e 21,9 de vidro.