16*Festival Arteficial Romería da música e cultura alternativas de O Ribeiro.

AMúsicaNonPodeNonSer

O Festival Arteficial celebra este ano a súa 16ª edición o Sábado, 3 de Setembro, na contorna da Praza da Madalena en Ribadavia (Ourense). Nesta edición voltamos á ubicación orixinal do festival, que por mor da COVID-19 tiveramos que mudar á Alameda de Ribadavia. Nesta xornada terán lugar sete concertos que se desenrolaran ao longo do día. Tamén contaremos coa presenza do Mercado das Sementes nos soportais da praza como estabamos acostumados.

AVANTAR ACTIVIDADES


Este ano os integrantes do cartel estarán divididos nos escenarios habituais, dentro da igrexa da Madalena, así como nas prazaa colindantes. Contaremos coa presenza dos portugueses Unsafe Space Garden, que nos levarán de viaxe existencial con tintes de humor para axudarnos a liberarnos. Os intensos Gator, the aligator, tamén lusos, que faran tremer o casco histórico de Ribadavia co seu garage rock. E seguimos en Portugal con Grand Sun, coa súa música influenciada polos anos 60 e 70 e que oscila entre o pop psicodélico e o garage rock con tintes de Post Punk.
Voltamos a Galicia para atoparnos con Bifannah, catro galegos multidisciplinares
distribuidos entre Barcelona e Londres. Poñemos o toque local co grupo do Ribeiro Todas
Las Batallas Perdidas, que percorren diferentes emocións e sentimentos como a crueldade, a infancia ou a paz a través das súas cancións. As feministas Fillas da Cassandra, que unen a música tradicional coa electrónica, e rematamos coa madrileña Espineli, un sopro de aire fresco e xuvenil con referencias bakalapop.
Este ano tamén contaremos cunha exposición que se poderá visitar no Museo Extolóxico de Ribadavia.
As condicións de acceso e permanencia no recinto están suxeitas á normativa vixente en
materia sanitaria para previr os contaxios por Covid-19, e poden sofrir modificacións en
función da aprobación de novas normas que modifiquen as condicións vixentes no momento de adquisición da entrada.
O Festival Arteficial activa un protocolo contra as agresións machistas cada ano para ofrecer ferramentas na loita contra as agresións machistas, facilitando pasos a seguir, información e apoio á vítima. Non cales, denuncia.
O Festival Arteficial é de entrada gratuíta, realizándose no espazo público do conxunto
histórico de Ribadavia, e tendo por obxectivo o achegamento de propostas culturais de
vangarda ao medio rural. A súa vez, e por terceiro ano consecutivo, establécese unha entrada solidaria e voluntaria que consiste nunha doación de alimentos non perecedeiros en colaboración con A Cruz Vermella.
Para a súa financiación o Festival Arteficial ten aberta unha convocatoria de captación de
socias. Cun donativo de 10 euros, as socias colaboran co seu financiamento. Ao longo do
evento, haberá un punto destacado para esta campaña.
O Festival Arteficial é un proxecto creado pola Asociación sen ánimo de lucro Arteficial,
integrada por xente moza da comarca interesados no desenrolo económico, cultural e a
supervivencia do medio rural en Galicia.
O Festival Arteficial está patrocinado polo Concello de Ribadavia, Deputación de
Ourense, Doppler Xestión Cultural, Cruz Vermella, Cervezas Alhambra e os socios e
socias de Arteficial.
DATOS DE INTERESE
O Festival Arteficial é un dos 100 proxectos culturais seleccionados dentro do Banco de
Boas Prácticas de Xestión Cultural elaborado pola AGPXC (Asociación Galega de
Profesionais da Xestión Cultural) destacando a importancia deste festival por achegar ao
medio rural a través do traballo asociativo o mellor da escena cultural alternativa.
O Festival Arteficial foi galardonado en Marzo de 2018 co 1º Premio Rodolfo Prada á
Xestión Cultural na categoría de colectivos de carácter aficionado entregado pola
Deputación de Ourense na pasada edición da ICCWeek e dotado con 2.000 euros.
Este ano, o Festival Arteficial pasa a formad parte do Pacto de Cultura Sustentable, polo cal se compromete a que todas as súas accións sexan sostibles, ecolóxicas, accesibles e
igualitarias para todos e todas as súas participantes.
RIBADAVIA (Ourense)
Capital da comarca vitivinícola de O Ribeiro. Sendo esta denominación de orixe a máis
antiga de Galicia.
Ribadavia e O Ribeiro destacan polo seu patrimonio histórico, pola cultura do viño e os
recursos termais e paisaxístico. Merece a pena 😉
O Concello de Ribadavia conta con pouco máis de 5.000 habitantes.
Ribadavia foi nomeada Monumento Histórico Artístico no ano 1947.
Aquí, é onde ten lugar o noso festivaliñolumpen 😉
Para máis información, consultar a páxina web do festival e nas súas redes sociais:
http://arteficial.org/
Instagram: @festivalarteficia