A Xunta estuda o protocolo para volver a celebrar concertos e verbenas este verán

A Xunta traballa no desenvolvemento de protocolos sanitarios para que estes eventos se poidan gozar de forma segura. A capacidade será de ata mil persoas de pé e 5.000 sentadas, coa posibilidade de chegar ás 10.000 en función das características do local, sempre ao aire libre. O uso da máscara será obrigatorio e deberá haber distancia de polo menos 1,5 metros e cinco metros entre o escenario e o público.

No caso de orquestras ou concertos con persoas de pé, o protocolo contempla unha capacidade máxima de mil persoas. Levaranse a cabo probas piloto en cinco concellos diferentes para estas festas con asistentes de pé o 19 de xuño, cuxo desenvolvemento podería marcar o inicio da súa actividade.

AVANTAR ACTIVIDADES