Mariano Rajoy visita Ourense “demostrando a súa vinculación e lealdadde coa nosa terra”, afirma Luis Menor

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

·      O presidente de honra do PPdeG Mariano Rajoy saudou e conversou cos moitos cidadáns que se achegaron a el, sorprendidos coa súa presenza na cidade

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 9 de novembro de 2026. O presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, visitou esta mañá Ourense, onde tivo a oportunidade de percorrer ás rúas da cidade acompañado polo presidente provincial popular, Luis Menor, candidatos ao Congreso e ao Senado, a presidenta da Xunta Xestora do PP local e candidata á Alcaldía, Ana Méndez, e membros da dirección do partido.

Mariano Rajoy saudou e conversou cos moitos cidadáns que se achegaron a el, sorprendidos coa súa presenza na cidade. Desde Ourense, dixo Rajoy ao despedirse, “aspiramos a liderar o cambio necesario porque non podemos seguir así”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Tamén ao remate da visita, Luis Menor cualificou a Mariano Rajoy como “un dos grandes activos que ten o Partido Popular de Ourense”, poñendo en valor a súa lealdade e vinculación coa nosa terra, “demostrando ao longo do tempo que a provincia é unha prioridade na súa axenda política”, en referencia “ao apoio constante no territorio sendo presidente do Goberno e tamén na súa etapa como expresidente”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------