Ribadavia amplía o prazo de pago do imposto de vehículos ata o 25 de xuño

O pasado 7 de marzo de 2020, publicouse o período de pago do imposto de vehículos de tracción mecánica para este ano, entre o 1 de marzo e o 30 de abril, prazo que nun principio foi suspendido por parte do concello. Nestas circunstancias, o concello considera importante adoptar medidas extraordinarias no ámbito de aplicación dos tributos. Por iso, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adopta o acordó da ampliación do prazo de pagamento en período voluntario do imposto de vehículos de tracción mecánica do exercicio 2020 ata o 25 de xuño de 2020