O Parque Municipal acolle mañá o espectáculo de títeres “Varietés do animalario”

O Concello do Carballiño continúa nesta semana coa organización do Festival de Títeres, unha proposta dirixida a público familiar e orientada a achegar aos máis pequenos ao teatro e á cultura galega. O ciclo, que alcanza este ano a súa 17º edición, comezou o pasado martes e extenderase ata o vindeiro venres, día 15 de agosto.

A explanada do Parque Municipal está a acoller así ás mellores compañías de monicreques de Galicia: AsSircópatas, Trécola Producións, Cía Xogos Paporrubio e Nómadas. E mañá, xoves día 14, a cita será ás 19,00 horas con Cía Xogos Paporrubio, que presenta a súa montaxe “Varietés do animalario”.

Iste espectáculo de teatro infantil, enmarcado na programación do ‘Verán Cultural 2025’ ten coma protagonistas a unha raposa e un lobo, que se ven envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira. A obra está dirixida a nenas e nenos a partir dos 3 anos de idade.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------