Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño baixa hoxe ata os 43 contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 32 casos activos, dous menos ca onte. Boborás mantén os seis positivos dende o pasado xoves. Maside mantén dous casos activos e San Cristovo de Cea, Punxín e Piñor manteñen un caso activo cada un. Beariz que contaba cun caso activo, hoxe está libre de covid. O Irixo e San Amaro están libres de covid.