Afundación e a Fundación Andante organizan en Ourense un obradoiro de fotografía impartido polo fotógrafo Kake Regueira para promocionar o Xacobeo 21-22

IES CHAMOSO LAMAS

I Desenvolverase no Espazo +60 Afundación de Ourense, coa participación de persoas socias e aberto a outros colectivos interesados na fotografía

14.09.2022. A Fundación Andante e Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentan desde mañá no Espazo +60 Afundación de Ourense un obradoiro de fotografía impartido polo fotógrafo coruñés Kake Regueira. A iniciativa enmárcase no programa de actividades que está desenvolvendo a Fundación Andante dentro do proxecto «No Camiño… sempre seremos andantes», que foi beneficiario do programa OteuXacobeo, para promocionar o Xacobeo 21-22, e que inclúe cursos de fotografía, exposicións e eventos gastronómicos no tramo da Ruta da Prata, que discorre desde Xunqueira de Ambía e Allariz ata Piñor, pasando por Ourense e San Cristovo de Cea e Boborás. Terá lugar os días 15 e 22 de setembro, de 10.30 a 13.30 h, e o 29 de setembro, de 10.00 a 14.00 h.

OZOCOgz Deseño Galego

Ademais do curso, o Espazo +60 Afundación de Ourense acollerá ata o 30 de setembro unha exposición de obras realizadas en anteriores obradoiros que se impartiron na Coruña, Santiago e Pontedeume.

A Fundación Andante constituíuse en Allariz (Ourense) en xaneiro de 2017 e foi declarada pola Xunta de Galicia de Interese Cultural Galego tendo dentro dos seus obxectivos promocionar a arte, a cultura e os camiños de Santiago. Conta, para iso, cunha colección de arte contemporánea onde a horma é transformada en arte por artistas multidisciplinares de todo o mundo superando xa as 1000 obras de artistas de máis de 25 países.