A 17ª edición do Festival de Títeres, organizado polo Concello do Carballiño, despídese mañá co espectáculo “Sin destino”, da compañía mallorquina Clownómadas. A obra, que terá lugar na explanada do Parque Municipal ás 19,00 horas, suporá o broche de ouro da programación desta semana cunha proposta que inclúe temas como a migración e os conflictos sociopolíticos.
O seu protagonista, un paiaso nómada, conectará co público, ao que atopa na metade da súa viaxe. “Él monta un espectáculo muy particular en el que pequeños y mayores van a alucinar tanto por la escenografía como por el maquillaje, el atrezzo, el personaje en sí… Cuando entras piensas ‘quién es este’ y cuando el viaje se tiene que acabar, no quieres que se marche”, explican desde a compañía Clownómadas.
A obra vén de recibir o galardón do público no Clownconcurso, organizado no Carballiño o pasado abril pola Escola Galega de Clowns, que tamén colabora na programación da obra no Festival de Títeres. Desde a compañía poñen en valor o premio, moi especial ao tratarse do recoñecemento dos pequeños e maiores que viron o espectáculo.
Desde a compañía, animan á poboación do Carballiño a asistir mañá ao Parque Municipal. “No van a tener otra oportunidad de ver este espectáculo tan especial y tan bueno, venimos desde Mallorca para representar esta obra, de un estilo muy único y peculiar, y va a valer la pena, no pasa desapercibida”, aseguran.