As seis agrupacións que participan nas ‘Xornadas de Folclore’ actuarán mañá na Praza da Veracruz

A cita de mañá coas Xornadas de Folclore na vila do Arenteiro incluirá ás actuacións dos seis agrupacións participantes nesta edición, según informou tanto a Deputación Provincial coma o Concello do Carballiño. Deste xeito, aos espectáculos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia, súmanse os dos grupos de Arxentina, Filipinas e Ucraína. A poboación do Carballiño poderá desfrutar da oferta completa destas ‘XL Xornadas de Folclore’ a partir das 22,30 horas na Praza da Veracruz, enclave que foi escollido por ser un dos espazos máis emblemáticos do municipio.

Así, o público asistente coñecerá a tradición, música e cultura dos seis países a través das actuacións de Huayra Muyoj (Arxentina), Ballet Folclórico Municipal de Rancagua (Chile), Phicas of BC (Filipinas), Royal Tara Dance Academy (Irlanda do Norte), Folk Dance Ensemble Volynianka (Ucraína) e National Honored Song and Dance Ensemble Georgian Folklore “TSMU” (Xeorxia). As seis agrupacións contan cunha longa traxectoria enriba dos escenarios, da que darán boa conta no concerto de mañá.

Por outra banda, a Alameda da localidade de Entrimo foi hoxe o único escenario do festival, coas actuacións folclóricas dos grupos de Arxentina, Filipinas e Ucraína, xa que a actuación prevista para ás 22,30 horas na Praza Maior de Viana foi cancelado por motivos de seguridade debido aos incendios que asolan a zona. Ademais, tal e como comunicou a organización das Xornadas, mañá tamén queda suspendidas as actuacións en A Rúa, e o Festival previsto na  Praza Maior de Carballiño trasladase á Praza da Veracruz coa participación das seis agrupacións

As actuacións das Xornadas de Folclore quedaron restrinxidas por terceiro día consecutivo a unha soa vila, Entrimo. No contexto da situación actual de emerxencia na provincia polos incendios forestais, en coordinación cos concellos e baixo o principio de precaución e seguridade, a organización das Xornadas de Folclore decidiu a cancelación do espectáculo previsto para hoxe en Viana, así como as actuacións programadas para mañá sábado, día 16, na Rúa e o luns, día 18, en Trives.

Despois de dous días sen poder actuar polas cancelacións, a Alameda de Entrimo recibíu aos grupos Huayra Muyoj de Arxentina,  Phicas of BC de Filipinas e Folk Dance Ensemble Volynianka de Ucraína. A agrupación ucraína foi creada no ano 1959 na cidade de Lutsk, no noroeste do país, próxima á fronteira polaca, sendo unha das poboacións máis antigas do país. O repertorio que ofrecen bailaríns e músicos  inclúe, sobre todo, danzas e coreografías creadas e baseadas no folclore da Polesia, rexión pantanosa que se estende por Ucraína, Bielorrusia e Polonia. Representa o ciclo festivo anual rural, conservador e transmisor da cultura popular do país. Tamén incorpora o folclore doutras rexións de Ucraína e bailes cosacos. O folclore deste país é coñecido e admirado polos seguidores das Xornadas, xa que participou noutras edicións, e sempre foi agasallado con fortes aplausos.

Mañá, 16 de agosto:  Praza da Veracruz Carballiño

Debido ás obrigadas cancelacións destes últimos días por motivos de seguridade, a organización tomou a decisión de levar ata Carballiño ás seis agrupacións folclóricas participantes nas Xornadas. Por iso o escenario trasladase dende a Praza Maior ata a Praza da Veracruz. A cita será ás 22,30 horas.

O resto de actuacións na provincia, salvo as de mañá, día 16, na Rúa e as de Trives, o luns, día 18, mantense polo de agora, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------